Contidos
Bloque 1. Contidos comúns.
* Utilización de estratexias propias do traballo científico, mediante a proposta de problemas e sinxelas investigacións, discusión do seu interese, análise de variables que interveñen, formulación de hipóteses, planificación de experiencias, organización dos datos, interpretación de resultados e comunicación de conclusións.
* Busca, selección e análise crítica de información de carácter científico utilizando as tecnoloxías da comunicación e da información e outras fontes.
* Interpretación de informacións de carácter científico e contraste destas informacións para formar unha opinión propia e expresarse axeitadamente.
* Elaboración de argumentacións e explicacións sobre feitos, observacións ou resultados experimentais, empregando modelos científicos axeitados.
* Valoración das achegas das ciencias da natureza para lles dar resposta ás necesidades dos seres humanos e mellorar as condicións da súa existencia, así como para apreciar e desfrutar da diversidade natural
* Utilización comprensiva de protocolos experimentais e respecto polas normas de seguridade.
* Xustificación de decisións persoais verbo de problemas reais do seu contorno que aseguren un desenvolvemento sustentable e da modificación de hábitos de conduta que promovan a saúde persoal e comunitaria.
* Contribución do desenvolvemento científico e tecnolóxico á resolución dos problemas. Importancia da aplicación do principio de precaución e da participación cidadá na toma de decisións.
* Valoración da educación científica da cidadanía como requisito de sociedades democráticas sustentables.
* Consideración da cultura científica como fonte de satisfacción persoal.
Bloque 2. A Terra, un planeta en continuo cambio.
A historia da Terra.
* Recoñecemento da variable tempo xeolóxico: a súa magnitude, a datación relativa e absoluta.
* Identificación dos principios e procedementos que permiten reconstruír a historia da Terra e utilización do actualismo como método de interpretación.
* Recoñecemento do proceso de fosilización. Identficación dos fósiles máis importantes en cada etapa. Utilización dos fósiles como indicadores das características dos ambientes e climas do pasado.
* Reconstrución de historias xeolóxicas sinxelas a partir dunha columna estratigráfica.
* Identificación das eras xeolóxicas e situación dos fenómenos xeolóxicos e biolóxicos máis relevantes que aconteceron en cada unha.
A tectónica de placas e as súas manifestacións.
* Recoñecemento e análise das probas do desprazamento dos continentes.
* Localización e análise da distribución dos volcáns, terremotos, cordilleiras, dorsais e fosas oceánicas. Coñecemento do fenómeno da expansión do fondo oceánico, a súa relación co volume constante da Terra e co modelo dinámico da estrutura interna da Terra.
* Recoñecemento das placas litosféricas principais e os seus límites.
* Análise das interaccións entre os procesos xeolóxicos internos e externos, a formación das montañas, os seus tipos e os procesos xeolóxicos asociados, magmatismo e metamorfismo, que completan o ciclo das rochas.
* Análise e valoración dos riscos xeolóxicos en función da dinámica interna da Terra á luz da tectónica de placas.
* Constatación da evolución das ideas no eido do pensamento científico partindo dalgunhas teorías oroxénicas vixentes a finais do século XIX, as ideas revolucionarias de Wegener ata a actual teoría da tectónica de placas. Valoración da construción continuada do pensamento científico.
Bloque 3. A vida no planeta.
A célula, unidade de vida.
* Recoñecemento da teoría celular e a súa importancia nas ciencias da vida.
* Recoñecemento da célula como unidade estrutural e funcional dos seres vivos.
* Caracterización dos diversos tipos de células: procariotas, eucariotas; vexetais e animais. Recoñecemento dos principais orgánulos.
* Utilización do microscopio para a súa observación.
* Identificación do material hereditario no seu contexto celular: cromatina e cromosomas.
* Recoñecemento do ADN como constituínte de cromosomas e cromatina e valoración do papel de James Watson, Francis Crick e Rosalyn Franklin no descubrimento da súa estrutura e as importantes repercusións deste descubrimento.
* Caracterización dos procesos de división celular: mitose e meiose. Relación da mitose co ciclo celular. Relación da meiose coa formación de gametos na reprodución sexual e valoración do papel que desempeña na variabilidade inter e intraespecífica. A herdanza e a transmisión dos caracteres.
Xenética mendeliana.
* Recoñecemento e análise das achegas de Mendel e as súas leis da herdanza destacando a extracción de conclusións a partir do tratamento estatístico dos datos.
* Resolución de problemas sinxelos relacionados coas leis da herdanza constatando o uso de estratexias e procedementos da metodoloxía científica na súa resolución.
* Valoración das achegas de Mendel no contexto da evolución constante do pensamento científico no eido da xenética.
Xenética molecular.
* Aproximación ao concepto de xene como unidade portadora da información xenética. Recoñecemento do ADN como constituínte molecular do xene, coñecemento do código xenético e das mutacións e a súa relación coa expresión proteica.
* Identificación do cromosoma como forma de organización dos xenes e coñecemento do xenoma, o xenotipo e o fenotipo. Análise dun cariotipo.
Xenética humana.
* Aproximación á xenética humana, análise da herdanza de caracteres sinxelos.
* Procura e selección de información dalgunha enfermidade xenética, análise da información, valoración crítica dos posibles tratamentos e comunicación de resultados.
* Coñecemento e valoración das aplicacións e repercusións da enxeñaría xenética: os alimentos transxénicos, a clonación, o xenoma humano e a terapia xénica.
* Valoración das implicacións ecolóxicas, sociais e éticas dos avances biotecnolóxicos. Análise da repercusión das noticias desta temática.
Orixe e evolución dos seres vivos.
* Análise dalgunhas teorías sobre a orixe da vida na Terra e a evolución dos seres vivos: teorías fixistas e evolucionistas.
* Identificación e análise de datos que apoian a teoría da evolución das especies. Recoñecemento da aparición e a extinción das especies.
* Comparación entre as teorías de Lamarck e de Darwin. Recoñecemento do gradualismo e o equilibrio puntuado. * Procura e selección crítica de información acerca da evolución do home.
* Valoración da biodiversidade como resultado do proceso evolutivo. O papel da humanidade na extinción das especies.
Bloque 4. As transformacións nos ecosistemas.
A dinámica dos ecosistemas.
* Construción e identificación de cadeas e redes tróficas no ecosistema como exemplo de dinámica e interacción. Interpretación de pirámides ecolóxicas.
* Análise do ciclo da materia e o fluxo de enerxía nos ecosistemas naturais. Idea de ciclo bioxeoquímico. Análise do ciclo do carbono.
* Recoñecemento e valoración da formación e destrución do solo, do impacto dos incendios forestais, das especies invasoras e a súa relación coa evolución e a sucesión no ecosistema. Constatación da modificacións dos ambientes polos seres vivos e valoración da intervención humana.
* Investigación dalgún problema ambiental do contorno, e análise crítica a partir das achegas da ciencia. Valoración e comunicación de conclusións.